Galego

Amigo/a,

A preparación da iniciativa ICE implica moito traballo e a túa axuda será benvida.

Por exemplo:

–         Aumentar a rede de organizacións: coñeces organizacións, grupos ou persoas activas que coñezan a campaña e apoien o traballo nos medios e/ou a compilación de sinaturas unha vez que a iniciativa dea comezo? Fálalle de nós ou envíanos os seus enderezos de correo electrónico. Contacto
–         Traducións: esta páxina web debería publicarse en tantos idiomas europeos como sexa posible. Podes colaborar traducindo algún dos artigos ao teu idioma? Envíanos un correo electrónico ou simplemente empeza a traducir… Contacto
–        
Fotos, imaxes, informes: queremos mostrar unha mobilidade sostible, colaborativa e moderada nas nosas cidades e vilas, e as persoas que actúan para logralo. Fotos e incluso informes son benvidos! Contacto
–        
Rexístrate agora: cantas máis persoas se rexistren desde o principio da nosa campaña, mellor será o comezo da recollida de sinaturas en liña. Convértete nunha defensora ou nun defensor persoal: rexístrate e cóntallo ás túas amizades! Rexístrate
–        
Doa: xa se gastou moito diñeiro, por exemplo, para o traballo técnico do OCS (software de compilación en liña). Se queres facer unha doazón, podes facela aquí.

As organizacións sociais poden utilizar o logo da campaña para os seus sitios web e material para os medios de comunicación.