O texto da iniciativa
1) Título da iniciativa da cidadanía:
Iniciativa da Cidadanía Europea “30 km/h: fagamos as rúas máis habitables”
2) Tema
Propoñemos 30 km/h como límite de velocidade estándar en toda a Unión Europea para áreas urbanas/residenciais.
As autoridades locais poden utilizar outros límites de velocidade se poden mostrar como se satisfán as necesidades ambientais e de seguridade dos usuarios e das usuarias máis vulnerables.
3) Unha descrición dos obxectivos da iniciativa da cidadanía proposta, sobre a que se invita a actuar á Comisión
A UE conta cuns obxectivos ambientais e de seguridade viaria claros, pero non se cumpren. Un límite de velocidade estándar de 30 km/h axudaría a cumprilos de forma máis eficaz xa que demostraron ser efectivos para reducir lesións e falecementos, ruído, contaminación e emisións de CO², así como para mellorar o fluxo de tráfico. As persoas poden viaxar con menos temores. Modos de vida máis respectuosos co medio vólvense máis atractivos.
Para cumprir o principio de subsidiariedade, as autoridades locais deben ter a última palabra á hora de establecer límites de velocidade nas súas estradas e establecer alternativas equivalentes para cumprir os obxectivos.
4) Indicar a provisión relevante nos tratados para a túa iniciativa.
Artigos 91.1(c) e 191 TFEU