Poden os nenos e as nenas adaptarse ao tráfico?

Como debe ser un neno ou unha nena para adaptarse ben ao tráfico rodado…?

…. medir cando menos 1,5 m., ter as proporcións dunha persoa adulta: cunha cabeza pequena e o centro de masas arredor da rexión do estómago e da pelve, aínda que unha persoa adulta non cae tanto como o fai un neno; ter un campo de visión de 180º; poder facer varias cousas ao mesmo tempo e comprender situacións complexas; contar con habilidades para camiñar e correr semellantes a un deportista adestrado, pero tendo que moverse rápido sen caer; estar sempre atento e seguir as regras… non entusiasmarse por descubrir cousas novas; estar encantado á hora de obedecer.

Ningún cativo ou cativa se adapta así. Polo tanto, o tráfico rodado debe adaptarse á realidade dos nenos e das nenas. Onde hai pequenos e pequenas camiñando ou paseando en bici, unha velocidade de 50 km/h é demasiado rápida.

Por que as zonas escolares de seguridade cun límite de velocidade a 30 km/h teñen un impacto mínimo na seguridade viaria dos nenos e das nenas?

Tomemos como exemplo o Reino Unido: o radio medio das zonas escolares seguras é só de 300 m., pero a distancia media que os nenos e as nenas percorren ata a escola é de 1,8 km. Consonte isto, as zonas escolares de seguridade supoñen só o 15% do percorrido.[i]  Nas portas de saída das zonas escolares de seguridade lémbraselles ás persoas condutoras que incrementen a velocidade a 50 km/h.Non resulta sorprendente que só unha minoría das vítimas de accidentes de estrada se produza de camiño ou na volta da escola (só o 20%). [ii]

Pero, e o neno ou a nena que camiña ou vai en bici todo o camiño desde a súa casa ata a escola? Neste caso, a zona escolar de seguridade só cobre o 17% do traxecto. Para os condutores e as condutoras, as zonas escolares de seguridade con límite de velocidade de 30km/h que están illadas reforzan e lexitiman unha condución a velocidade superior fóra da área escolar próxima, o que incrementa o risco para peóns e nenos e nenas en bici.

En lugar de centrármonos nas zonas de seguridade escolares, debemos garantir que os pequenos e as pequenas reciban mellores condicións para camiñar e desprazarse en bicicleta durante todo o traxecto desde as súas casas á escola. É o momento de admitir que necesitamos unha seguridade para os e as menores que abranga que toda a comunidade e non só nos 100 m. do seu percorrido á escola.

En Alemaña, o número de nenos e nenas que faleceron en accidentes de estrada mentres camiñaban pola rúa incrementouse nun 22% en 2010 respecto a 2009.[iii] Teremos que continuar lendo cifras semellantes a menos que introduzamos un límite de 30 km/h en todas as zonas onde vivan cativos e cativas.

Máis información en 20splentyforus.org.uk

[i] Transport for London:Safety of Schoolchildren on London Roads

[ii] 1 The AA Motoring Trust:The facts about road accidents and children

[iii] Statistisches Bundesamt (2011c):Unfallentwicklung auf deutschen Strassen 2010 –
press conference, Berlin, July 6, 2011 in Berlin